Provincia de Hohenzollern
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Territorio ocupado | Zona de ocupação soviética na Alemanha (pt) | ||||
Estado federado | Estado Libre de Prusia | ||||
Capital | Sigmaringen | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 73.706 (1939) (64,54 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 1.142 km² | ||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 1850 | ||||
Disolución | 1947 | ||||
Sucedido por | Württemberg-Hohenzollern (pt) | ||||
Hohenzollern, tamén coñecido como País de Hohenzollern e Provincia de Hohenzollern (en alemán: Hohenzollernsche Lande) foi unha provincia do reino de Prusia, e despois do Estado Libre de Prusia.
Historia
[editar | editar a fonte]A provincia foi creada como principado en 1850 pola fusión dos principados de Hohenzollern-Sigmaringen e Hohenzollern-Hechingen despois de que ambas as dúas liñas principescas gobernantes católicas e independentes da dinastía Hohenzollern entregaran a súa soberanía a Prusia, gobernada pola rama protestante dos Hohenzollern. Usaba o mesmo escudo de armas que a casa gobernante.
O 7 de decembro de 1849, polo tratado de Berlín, os príncipes Carlos Antonio de Hohenzollern-Sigmaringen e Constantino de Hohenzollern-Hechingen cederon os seus principados ao rei Frederico Guillerme IV de Prusia.
O 20 de febreiro de 1850 se intercambiaron as ratificacións.
O 12 de marzo de 1850, Frederico Guillerme IV promulgou a lei que incorporaba os dous principados ao reino de Prusia e, por Patente real, toma posesión de ambos.
Hohenzollern non foi unha provincia propiamente dita, e constaba dun único distrito, o Regierungsbezirk de Sigmaringen. A capital era Sigmaringen. Mentres Hohenzollern gozaba de todos os dereitos como unha nova provincia de Prusia, incluíndo a súa representación no parlamento prusiano, os asuntos militares eran gobernados pola provincia do Rin. O Regierungsbezirk Sigmaringen foi subdividido en sete Oberamtsbezirke, aínda que só catro deles permanecían en 1925, cando foron fusionados e redivididos como dous novos Kreise.
A Constitución do Estado Libre de Prusia excluía o territorio da súa lista de provincias[1] pero prevía a súa representación no Consello do Estado (Staatsrat)[2] creado pola representación das provincias na lexislación e na administración do Estado Libre.[3] Porén, Hohenzollerne non estaba representado no Reichsrat.
Segundo o censo de 1939 contaba con 74.000 habitantes.
Tras a segunda guerra mundial, en 1945, a provincia quedou situada na zona de ocupación francesa.
En 1946, a administración militar francesa incluíuna no Estado de Wurtemberg-Hohenzollern que reagrupou despois co sur da antiga República Popular de Wurtemberg para formar o Land de Wurtemberg-Hohenzollern.
Desde 1952 Hohenzollern froma parte do Land de Badem-Wurtemberg.
Despois das reformas rexionais de 1973 as fronteiras de Hohenzollern foron finalmente eliminadas, e a rexión agora pertence aos distritos de Sigmaringen e Zollernalbkreis, que tamén inclúe territorio que previamente non pertencía á provincia de Hohenzollern.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Artigo 32. 1. O Conselllo do Estado (Staatsrat) componse de delegados provinciais. Cómpre entender por provincias as seguintes: Prusia Oriental, Brandeburgo, a cidade de Berlín, Pomerania, a Marca fronteiriza de Posnania-Prusia-Oriental, Baixa Silesia, Alta Silesia, Saxonia, Sleswig-Holstein, Hannóver, Westfalia, a Provincia renana e Hesse-Nassau.
- ↑ Artigo 32. 3. Por outra parte, o territorio de Hohenzollern enviará un delegado.
- ↑ Artigo 31. Constitúese, por representantes das provincias para a lexislación e a administración do país, un Consello de Estado (Staatsrat).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]Específica sobre Hohenzollern
[editar | editar a fonte]- Bernhardt, Walter & Rudolf Seigel (1975): Bibliographie der Hohenzollerischen Geschichte. (= Arbeiten zur Landeskunde Hohenzollerns; Bd. 12). Sigmaringen: Thorbecke. ISBN 3-7995-6212-5.
- Genzmer, Walter (1955): Hohenzollern (Deutsche Lande – Deutsche Kunst). München/Berlin 1955.
- Zingeler, Karl Theodor & Wilhelm Friedrich Laur (1896): Die Bau- und Kunst-Denkmäler in den Hohenzollern’schen Landen. Stuttgart: Neff.
Sobre Prusia no seu conxunto
[editar | editar a fonte]- Bled, Jean-Paul (2007): Histoire de la Prusse. París: Fayard. ISBN 978-2213626789.
- Clark, Christopher (2006): Iron Kingdom. The Rise and the Downfall of Prussia, 1600-1947. Allen Lane/ Penguin Books. ISBN 0-713-99466-5.
- Koch, H. W. (1984): A History of Prussia. Londres: Longman. ISBN 0-582-48190-2.
- MacDonogh, Giles (1994): Prussia. Londres: Sinclair-Stevenson. ISBN 1-85619-267-9.